O single foi lanzado de forma simultánea co primeiro álbum de Ami Suzuki en cinco anos, titulado da mesma forma que esta canción, "Around the World". Ao ser lanzado máis que nada como apoio para ó álbum, deste single só foron editadas mil copias cun libro de fotografías especial de Ami, polo que era imposible esperar un grande éxito en vendas. Tamén só foi editado en formato CD, e foi incluído como cara B unha versión remesturada da canción "Times", orixinalmente presente no single "Negaigoto" e que tamén foi incluída no álbum "Around the World".